Cistella de la compra

Contos de Grimm
35,95€ -5% dte.
34,16€
Estalvia 1,80€
  • Editorial XERAIS
  • ISBN13 9788483023211
  • ISBN10 8483023210
  • Tipus Llibre
-5% dte.    35,95€
34,16€
Estalvia 1,80€
Expertes llibreteres
Assessorament personal
Rep-lo en 24 hores
-5% dto en tots els llibres
Gràcies per comprar
en llibreries reals.
Recollida GRATUÏTA en Llibreria
Vine i deixa't sorprendre!

Detalls del llibre

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada ?Teoría do final feliz? e remata cun emotivo ?Lembranzas dos irmáns Grimm?, escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, ?O lobo e os sete cabritos? e ?Os músicos de Bremen?. Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de ?Nabiña? e ?Os mensaxeiros da morte?. Silvia Blanco de ?O fiel Xoán? e ?Os mensaxeiros da morte?. Tino Gatagán de ?Hänsel e Gretel? e ?Brancaneves?. Javier Zabala de ?O pescador e a súa muller? e ?A viaxe de Polgariño?. Pablo Díaz de ?O xastriño valente? e ?Brancaneves e Rosavermella?. Miguel Calatayud de ?A Cincenta? e ?O paxaro de ouro?. Jesús Gabán de ?Carapuchiña Vermella? e ?A Bela Dormente?. Federico Delicado de ?Os seis cisnes? e ?A raíña das abellas?. Por último, María Jesús Santos de ?Polgariño? e ?A laverca cantareira e saltareira?. Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.
  • Editorial XERAIS
  • ISBN13 9788483023211
  • ISBN10 8483023210
  • Tipus Llibre

Més llibres de H.J.Ch. von Grimmelshause