Detalls del llibre
Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton aborda temas que poucos se atreveron a tocar, o xenocidio do pobo hazara baixo o réxime afgán. Con todo, é en O poder que camiña nas tebras onde ofrece unha mirada penetrante e valente, narrando os horrores que sufriu o pobo afgán e que ela mesma presenciou grazas ao seu acceso insólito á corte do emir en Cabul, onde exerceu como médica. A súa fluidez co persa abríronlle as portas a unha comprensión dos sufrimentos do pobo afgá, a quen atendía no seu hospital. Aínda que era médica e non historiadora ou administradora colonial, Lillias sentía a responsabilidade de describir o que percibía cos seus propios ollos, o que os gregos chamaban ?autopsia?. A súa condición de muller e profesional sanitaria complicaba aínda máis o seu intento de narrar fielmente a represión e as intrigas palacianas que observaba, especialmente baixo a sombra da censura e a dificultade de publicar O poder que camiña nas tebras sen entrar en conflito con figuras de poder, que non puido ver editada en vida e que agora publícase por primeira vez galego Máis aló do seu labor literario, Lillias Hamilton foi tamén unha activista social e feminista comprometida coa loita polos dereitos das mulleres. Fundou un albergue para mulleres maiores e a súa vida estendeuse por distintos puntos do globo, desde Afganistán ata o Transvaal e, finalmente, Niza, onde faleceu en 1925. Alí, baixo o sol da Provença, repousa a figura dunha muller que tentou contar o que outros preferiron ocultar.
Llegir més - Autor/a LILLIAS HAMILTON
- ISBN13 9788484876984
- ISBN10 8484876985
- Pàgines 1
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 17/10/2024
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
O poder que camiña nas tebras (Gallec)
- De
- LILLIAS HAMILTON
- |
- LAIOVENTO (2024)
- 9788484876984



