Detalls del llibre
Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestríaá de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.
Na Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque ?a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.?
Así termina ?O pequeno león?, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza, un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.
- Enquadernació Tapa dura
- Autor/s CAROLE AUROUET ET JACQUES PREVERT
- ISBN13 9788413433783
- ISBN10 8413433789
- Pàgines 40
- Any Edició 2025
Ressenyes i valoracions
O PEQUENO LEON
- De
- CAROLE AUROUET ET JACQUES PREVERT
- |
- Kalandraka Editora (2025)
- 9788413433783



