Detalls del llibre
Nesta narración autobiográfica, que reflicte a corrupción e o horror, atopamos unha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER Marlow, un veterano mariñeiro inglés, recibe a encarga de ir á procura de Kurtz, un tratante de almafí perdido no corazón da selva africana. O encontro con el será a confirmación da farsante actitude colonialista, poñendo en tea de xuízo o seu caracter de cruzada moral e comercial. Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, internándose nun continente virxe e obxecto de rapiña. Marlow obsesiónase con aquel home, desaparecido no remoto. Mais, quen é Kurtz? ?O corazón do negror? é unha narración autobiográfica; a crónica dunha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica. O autor móstranos sen maquillaxe a corrupción e o horror. O máis célebre relato curto de Joseph Conrad, convertido en libro de culto, foi escrito en 1899 e publicouse en 1902. Converteuse axiña nunha novela imprescindible, que amosa a hipocrisía colonialista, a escuridade do ser humano, e que cuestiona a civilización occidental. A obra inspiroulle a Francis Ford Coppola unha das súas grandes obras cinematográficas, ?Apocalypse Now?. Aínda que está ambientada na guerra de Vietnam, con Marlon Brando interpretando o papel de Kurtz, a película mantiña o espírito do relato de Conrad.
Llegir més - Autor/a Joseph Conrad
- ISBN13 9788496957626
- ISBN10 8496957624
- Pàgines 144
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 27/03/2009
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 250 g
- Audiència General / Comerç
Ressenyes i valoracions
O corazón do negror (Gallec)
- De
- Joseph Conrad
- |
- Faktoría K de Libros (2009)
- 9788496957626



