Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.7
★★★★★
Google reviews
Dicionario visual
Dicionario visual

Detalls del llibre

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente ?Dicionario visual?, editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas ?protagonizadas polos membros da familia? fai que o ?Dicionario visual?sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.
Llegir més

  • Enquadernació Tapa dura
  • ISBN13 9788497823296
  • ISBN10 849782329X
  • Pàgines 48
  • Any Edició 2005
  • Fecha de publicación 07/09/2005
  • Idioma Gallec
  • Alto 308 mm
  • Ancho 237 mm
  • Peso 570 g
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Dicionario visual?

Dicionario visual

Dicionario visual (Gallec)

19,90€ 20,95€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
19,90€ 20,95€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp