Detalls del llibre
Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos», descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.» Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788499148106
- ISBN10 8499148107
- Pàgines 128
- Fecha de publicación 02/07/2025
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 210 mm
- Peso 140 g
Ressenyes i valoracions
De cristal (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2025)
- 9788499148106



