Detalls del llibre
(A vida feita anacos)A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre que pensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas con xenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle falta achego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. O autor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidade porque, mentres haxa abraio, haberá literatura.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xurxo Borrazás
- ISBN13 9788491513513
- ISBN10 8491513515
- Pàgines 224
- Any Edició 2019
- Fecha de publicación 02/07/2019
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Brevedume (Gallec)
- De
- Xurxo Borrazás
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2019)
- 9788491513513



