Detalls del llibre
Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans. Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereia, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinatía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn avanza polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.
Llegir més - Autor/a Ana Isabel Álvarez González
- ISBN13 9788498654875
- ISBN10 8498654874
- Pàgines 232
- Any Edició 2015
- Fecha de publicación 19/03/2015
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Bagoa de lua (cronicas de landereina) (Gallec)
- De
- Ana Isabel Álvarez González
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2015)
- 9788498654875



