Detalls del llibre
O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento.?Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos?.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Alberte Santos Ledo
- ISBN13 9788484875840
- ISBN10 8484875849
- Pàgines 238
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 01/06/2022
- Idioma Gallec
- Col.lecció NARRATIVA
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 340 g
Ressenyes i valoracions
A mullerde lona (Gallec)
- De
- Alberte Santos Ledo
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484875840



