Detalls del llibre
O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres estraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán. Un día, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece. A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Agustín Fernández Paz
- ISBN13 9788499140247
- ISBN10 8499140246
- Pàgines 40
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 10/08/2009
- Idioma Gallec
- Alto 265 mm
- Ancho 225 mm
- Peso 430 g
Ressenyes i valoracions
A dama da luz (Gallec)
- De
- Agustín Fernández Paz
- |
- Edicións Xerais (2009)
- 9788499140247



