Detalles del libro
O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade. Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder). Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.
Leer más - Encuadernación Tapa blanda
- Autor/a Alfonso López Quintás
- ISBN13 9788499141145
- ISBN10 8499141145
- Páginas 264
- Año de Edición 2010
- Fecha de publicación 16/03/2010
- Idioma Gallego
- Alto 225 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 400 g
Reseñas y valoraciones
Níxer (Gallego)
- De
- Alfonso López Quintás
- |
- Edicións Xerais (2010)
- 9788499141145



