Detalles del libro
?No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e resultan fundamentais, en certos momentos históricos, para orientaren e fortaleceren prácticas restauradoras de linguas en proceso de asimilación. Son alavanca, nunca obstáculo entorpecedor. Axudan á necesaria sistematización e esclarecen, tamén, a faramalla confusionista que outras obras teceron sobre o feito lingüístico e as súas graves implicacións sociais.A obra que recensionamos pertence claramente ao grupo do primeiro elemento do binomio axiolóxico que trazamos arriba. Vanse cumprir trinta anos da súa primeira edición e mantén non só toda a súa vixencia analítica senón a súa practicidade, a súa máis plena actualidade. E non é dado histórico menor repararmos en que un libro xestado no tardofranquismo atravese a transición, sexa fundamental, premonitoriamente, na análise do marco legal-institucional que instaura o novo rexime (con herdanza ben visíbel do modelo anterior) e resulte utilísimo nos tempos actuais, onde tantos dogmas autoritarios ?tamén en materia iuslingüística- volven campar sob o pretexto dunha ?revisión?, eufemismo dunha ben perigosa involución que ameaza dialectalizar, residualizar, as linguas nacionais en tensión coa oficial do Estado.?
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Rafael Lluís Ninyoles Monllor
- ISBN13 9788484870821
- ISBN10 8484870820
- Páginas 304
- Año de Edición 2005
- Fecha de publicación 01/09/2005
- Idioma Gallego
- Colección ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Reseñas y valoraciones
Idioma e poder social (Gallego)
- De
- Rafael Lluís Ninyoles Monllor
- |
- LAIOVENTO (2005)
- 9788484870821



