Detalles del libro
Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado.Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa.As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela a través duns acontecementos tráxicos, neste relato vertixinoso en que as pezas van encaixando con precisión para chegar a un insólito final.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a XULIO TEIXEIRA RODRIGUEZ
- ISBN13 9788411761925
- ISBN10 8411761924
- Páginas 272
- Año de Edición 2024
- Fecha de publicación 01/01/2024
- Peso 420 g
Reseñas y valoraciones
AS VIDAS DO RIO
- De
- XULIO TEIXEIRA RODRIGUEZ
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411761925



