Book Details
A linguaxe de Suso Lista ten a memoria humana, mais tamén a memoria líquida das ondas vagabundas e a memoria da ardentía no corazón do mundo. Talvez por iso é un xeito de narrar que nos acouga e desacouga, que nos equilibra e desequilibra que desvela e alumea zonas de sombra na condición humana, pero non fica aí, conformista, senón que deita novos enigmas. Tende conta ao intentar apreixar as Charamuscas. Son dunha irrompíbel fraxilidade. Teñen a verdade do que queima e asemade engrada os ollos. Son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: ?Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros?.
Read more - Author Suso Lista Neira
- ISBN13 9788416456536
- ISBN10 8416456534
- Pages 148
- Published 2017
- Fecha de publicación 16/05/2017
- Language Galician
Reviews and ratings
Charamuscas (Galician)
- By
- Suso Lista Neira
- 9788416456536



