Book Details
A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos ?e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social?, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.
Read more - Binding Soft cover
- ISBN13 9788499143996
- ISBN10 8499143997
- Pages 344
- Published 2012
- Fecha de publicación 19/06/2012
- Language Galician
- Alto 220 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 470 g
Reviews and ratings
Antón Reixa (Galician)
- By
- |
- Edicións Xerais (2012)
- 9788499143996



