Book Details
O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao un pasado cheo de fracasos e turbacións.Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado.Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos.Unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do relato.
Read more - Binding Soft cover
- Author Henrique Da Costa López
- ISBN13 9788417824037
- ISBN10 8417824030
- Pages 312
- Published 2020
- Fecha de publicación 18/06/2020
- Language Galician
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
Reviews and ratings
A Rota do Oeste (Galician)
- By
- Henrique Da Costa López
- 9788417824037



