Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Google 4.7
★★★★★
Google reviews
A Coruña de Pedro Ferrer
A Coruña de Pedro Ferrer

Book Details

Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida ?Papelería Ferrer?, foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental. O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: ?Patrimonio histórico e monumental?; ?Novo urbanismo e os traballos?; ?Festas e xentes? e ?Patrimonio e xentes?. Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársena? Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Árbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.
Read more

  • Binding Hard cover
  • ISBN13 9788497823722
  • ISBN10 8497823729
  • Pages 240
  • Published 2005
  • Fecha de publicación 15/11/2005
  • Language Galician
  • Alto 280 mm
  • Ancho 250 mm
  • Peso 1.290 g
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read A Coruña de Pedro Ferrer?

A Coruña de Pedro Ferrer

A Coruña de Pedro Ferrer (Galician)

21,80€ 22,95€ -5%
Shipping Free
Not available
21,80€ 22,95€ -5%
Shipping Free
Not available
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp