Vai moito frío. E neva moito. -Mamá Osa, teño frío. Hai moita neve. Quero algo para abrigarme -dixo Osiño. "Osiño" é o primeiro título dunha serie formada por seis volumes protagonizados por unha familia de osos moi coñecida por lectores de todo o mundo, xa que publicáronse millóns de exemplares das súas historias, que en 1995 foron adaptadas para a televisión. Esta obra data de 1957 e está formada por catro relatos breves sobre aspectos da vida cotiá destes animais humanizados cheos de simpatía e de encanto. Mamá Osa, sempre atenta a Osiño, abrígao do frío, sorpréndeo cunha torta polo seu cumpreanos, faille broma cando se empeña en ir á lúa e cóntalle un conto moi especial antes de durmir.
Lesen Sie mehr