Manuel Mandianes ofrécenos en ?O río do esquecemento? unha vizosa achega á identidade colectiva dos galegos a partir da reconstrución da longuísima tradición de estudos antropolóxicos e etnográficos dedicados a Galicia. En ?O río do esquecemento? analízase, primeiramente, a violencia con que, segundo os autores clásicos, os habitantes do Noroeste peninsular defenderon afoutadamente a súa terra, despois estúdase a identificación dos galegos como descendentes da raza celta que inspiraron a moitos intelectuais do século XIX, e avalíase o labor do Seminario de Estudos Galegos e da Xeración Nós, que definiu o pobo galego como independente mais non independentista. Por último, dáse conta de cómo, malia o apego á terra natal, os galegos saímos con moita frecuencia da nosa Terra pola necesidade económica e metafísica, de viaxar e ?coñecer mundos?, e reflexiónase tamén sobre as nosas preocupacións pola derradeira viaxe ao máis alá.
Lesen Sie mehr