Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa: Mago Rosa conseguira facerunha bolsa de coiro que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC!(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica).Despois de moitos experimentos, o Mago Rosa atopa unha fórmula para satisfacer a súa avaricia ilimitada.Este conto demostra que non hai inimigo pequeno: unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de tolear un mago e ata neutralizar os seus poderes. Cun texto divertido e algo canalla, Txabi Arnal presenta unha orixinal proposta sobre un tema case inherente á condición humana e sempre de actualidade: os privilexios e o abuso de poder.
Lesen Sie mehr