Close Bookish App

Bookish AppLies mehr und besser

Herunterladen
Google 4.7
★★★★★
Google reviews
Bico de amor e vida, un (con cd)
Bico de amor e vida, un (con cd)

Buch Details

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto dÆA Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "Árbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009
Lesen Sie mehr

  • Einband Hardcover
  • Autor/in Xose Neira Cruz
  • ISBN13 9788498651423
  • ISBN10 8498651425
  • Buchseiten 40
  • Jahr der Ausgabe 2009
  • Fecha de publicación 17/02/2009
  • Sprache Galicisch
  • Alto 220 mm
  • Ancho 295 mm
Lesen Sie mehr

Rezensionen und Bewertungen

Sei die erste Person, die es bewertet!

Hast du gelesen Bico de amor e vida, un (con cd)?

Bico de amor e vida, un (con cd)

Bico de amor e vida, un (con cd) (Galicisch)

26,74€ 28,15€ -5%
Sendung Kostenlos
Nicht verfügbar
26,74€ 28,15€ -5%
Sendung Kostenlos
Nicht verfügbar
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Kostenlose Rücksendung Info
Vielen Dank für Ihren Einkauf in echten Buchhandlungen! Vielen Dank für Ihren Einkauf in echten Buchhandlungen!

Exklusive Aktionen, Rabatte und Neuigkeiten in unserem Newsletter

Sprich mit deiner Buchhändlerin
Brauchst du Hilfe, um ein Buch zu finden?
Möchtest du eine persönliche Empfehlung?

Whatsapp