Cunha prosa intensa e evocadora, María José Tardáguila Sánchez transpórtanos ao Camiño de Santiago do século XII, onde peregrinos, cabaleiros templarios e moradores enfrontan desafíos, perigos e a busca de redención nunha época de fe e misterio. Pero, á vez, tamén nos abre o seu corazón nun testemuño lancinante sobre o dó no que explora o amor incondicional, o baleiro da ausencia e a loita contra o tempo e o destino. 1140 é unha viaxe de emocións, un tributo cara as persoas que amamos e unha reflexión sobre como o recordo e a historia nos mantén vivos máis alá da morte.
Lesen Sie mehr