Detalls del llibre
Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido. Na súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a ANA VIEITEZ
- ISBN13 9788411108171
- ISBN10 8411108171
- Pàgines 376
- Any Edició 2026
- Fecha de publicación 21/05/2026
Ressenyes i valoracions
PACTO DE SILENCIO
- De
- ANA VIEITEZ
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788411108171



