Detalls del llibre
Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmo e imaxinación como Celestina; non como o seu amigo Ernesto -máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa; Ernesto é tan xeneroso e boíño, que ?deixando a un lado o seu carácter racional- accede a axudala para que non se desguste. Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañable e tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon. E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomando a iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/s VINCENT, GABRIELLE
- ISBN13 9788484644187
- ISBN10 8484644189
- Pàgines 40
- Any Edició 2018
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
O Nadal de Ernesto e Celestina (Gallec)
- De
- GABRIELLE VINCENT
- |
- Kalandraka Editora (2018)
- 9788484644187



