Detalls del llibre
Un dos libros máis emblemáticos de Kalandraka, nun formato grande ideal para contar e compartir.
Ao regresar de recoller coles na horta para facer un caldo, o pequeno coello branco encontra a súa casa ocupada pola terrible cabra cabresa. Tras pedirlle axuda a varios animais máis grandes ca el sen obter bos resultados, será só o máis diminuto de todos quen se atreva a enfrontarse á malvada cabra.
?O coelliño branco? é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués, con ilustracións de Óscar Villán, quen por este traballo obtivo en 1999 o Premio Nacional de Ilustración. Trátase dun texto-fórmula concibido tanto para ser lido como para ser contado e que xoga de forma especial coa sonoridade e coa rima. Unha historia sobre a amizade e a coraxe que mostra que a valentía non é cuestión de tamaños.
- Enquadernació Tapa dura
- ISBN13 9788413434001
- ISBN10 8413434009
- Pàgines 26
- Any Edició 2025
Ressenyes i valoracions
O COELLIÑO BRANCO FORMATO GRANDE
- De
- |
- Kalandraka Editora (2025)
- 9788413434001



