Detalles del libro
Unha historia que cando termine volverá comezar, pero nada será igual. Unha viaxe a través das estacións para celebrar os cambios grandes e pequenos da vida.
Chea de humor, tenrura e sensibilidade, esta obra protagonizada por unha simpática familia de ratiños retrata todo aquilo que sucede ao longo dun ano e do ciclo das estacións: momentos marabillosos e outros non tanto, aprendizaxes, pequenos desafíos e grandes descubrimentos que forman parte da aventura de crecer.
As ilustracións, expresivas e cheas de cor, capturan a esencia de cada estación: os xogos na casa durante o inverno, os paseos en bicicleta coa chegada da primavera, os xeados do verán ou as follas que caen no outono. Unha obra que celebra a natureza cíclica do ano e o paso do tempo a través da mirada curiosa da infancia, ideal para compartir en familia e para gozar unha e outra vez, como as estacións que regresan con cada volta do calendario.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es Ruiz Johnson, Mariana
- ISBN13 9788413434049
- ISBN10 8413434041
- Páginas 50
- Año de Edición 2026
Reseñas y valoraciones
UNHA VOLTA AO ANO
- De
- Mariana Ruiz Johnson
- |
- Kalandraka Editora (2026)
- 9788413434049



