Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Google 4.7
★★★★★
Google reviews
A técnica contable
A técnica contable

Book Details

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.;Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais.;Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas específicas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas.;Así mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.;En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral.;O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión. Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas á xestión empresarial.
Read more

  • Binding Soft cover
  • Author ÁNGEL MANUEL LÓPEZ CAMEAN
  • ISBN13 9788428338325
  • ISBN10 8428338329
  • Pages 332
  • Fecha de publicación 16/05/2025
  • Language Spanish
  • Alto 270 mm
  • Ancho 210 mm
  • Peso 880 g
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read A técnica contable?

A técnica contable

A técnica contable (Spanish)

30,87€ 32,50€ -5%
Shipping Free
Not available
30,87€ 32,50€ -5%
Shipping Free
Not available
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

More books by ÁNGEL MANUEL LÓPEZ CAMEAN

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp