A salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa, Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns.A partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello do Porto do Son na procura de recuperar a memoria e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.
Lesen Sie mehr